Pois si , xa chegaron os Reis ao cole e todos os neos/as estaban expectantes. Mirándolles o corpo tan ben mantido que tiñan , non parecía que eso da crise vaia con eles.Dado o tamaño do colexio e a cantidade de alumnado que ten houbo que organizar todo moi ben.
A reacción ante a visión daqueles orondos monarcas foi moi variada , dende o/a que non quería marcharse , ata o/a que non quería quedarse (que tamén houbo). En xeral todos/as moi ledos e cuns ollos moi abertos.
Entregaron cartas , fixéronse fotos e marcharon esperando ver cumpridos parte dos seus sonos ( ten que ser parte ,porque si hai que cumprir todo o sono dalgúns farían falla moitos máis reis).
No hay comentarios:
Publicar un comentario