miércoles, 24 de noviembre de 2010

INICIOS

O tixolo coas castañas
A mellor maneira de explicar cal é a intención deste blog e comentar que segundo o diccionario da RAG Rebumbio é : "Conxunto de cousas, de animais ou de persoas, mesturadas entre si sen orde ningunha." Neste blog  imos relatarvos algunhas das moitas cousas que facemos nas nosas aulas con nenos/as de 3 anos. Se vos dicimos que a mascota de cada aula é un animal (esquío, cangrexo, xirafa, verme e xoaniña) e a eso  lle engadimos que somos ao redor de 125 persoas (profes e alumnado) ,atopades a explicaión do nome do blog: Rebumbio. Haimomentos do día (entradas,recreos ou saídas) que o colexio parece eso , un gran rebumbio.

Escoitando moi atentamente
Unha vez explicado o nome contarvos que temos idea de poñer entradas cada vez que algunha das aulas teña algo importante que contar ou cada vez que festexemos algo en conxunto. É dicir non vai a haber unha periodicidade concreta,pode haber varios posts (entradas) seguidos e logo un tempo sin ningún. Publicaremos fotos , pero como somos tantos,habitualmente serán fotos de grupos , agás nalgún momento que considerasemos oportuno outro tipo de foto. Para compensar esto e como sabemos que as imaxes son o que máis  interesa , intentaremos poñer presentacións de fotos , de tal xeito , que poidamos publicar moitas en pouco sitio. Esto vai provocar que a páxina cargue máis lento e que faga "cousas raras cando temovas dentro dela. Intentaremos que  , pouco a pouco, vaian saíndo todos/as pero lembrade outro vez cantos somos e que non podemos ir pasando lista para ver quen saíu e quen non.

A que están para comelas?

Unha vez explicadas algunhas cousiñas decirvos que ,o blog vai estar sempre actualizado co ultimo que acontecíu na clase , agás nestas primeiras entradas nas que arrastramos retrasos dos case tres meses que levamos de clase. Por este motivo ainda que  imos comezar por contarvos O Magosto,nos  vindeiros días iremos ensinando tamén outras cousas feitas en setembro ou outubro. (Outono, Samain,...)


CLASE DOS ESQUÍOS



O Magosto celebrámolo día 13 (San Martiño) e para ambientarnos aprendimos algunha canción e preparamos algunha bolsiña para poder gardar as castañas que iamos comer. A celebración fixémola conxunta co resto do ciclo de E. Infantil, polo que  como eran moitas  as castañas a asar, tivemos que recurrir a unha panadería para que nos botara unha man para asalas.



CLASE DOS VERMES E AS XIRAFAS



Pero como queriamos ver  o proceso dun xeito artesanal procuramos un tixolo e asamos un ou dous kilos. Nuns bidóns fixemos o lume con cartóns e papeis e logo con carbón acadamos unhas boas brasas. O tixolo estaba feito a partires do bombo dunha lavadora con carga superior. Como vedes nas fotos todo moi artesán econ moi bo resultado pois,a verdade é, que quedaron moi boas.  


CLASE DAS XOANIÑAS


Falta unha presentación con fotos da clase dos cangrexos que por problemas técnicos non puidemos poñer. Esperamos que en 4-5 días xa poidamos poñela.