martes, 19 de julio de 2011

FIN DE CURSO

Con bastante retraso , damos por rematado este curso para as nosas aulas e , como bos galegos, que mellor maneira de facelo que cunha festa. Primeiro houbo unha pequena actuación de monicreques que nos mantiveron entretidos por media hora. Logo organizados polas profes de nivel , coa colaboración doutras compañeiras do cole, fixéronse, nos patios de 3 e 4 anos, varios xogos como o da silla, o para caidas ou  encestar aros pequenos. O remate foi unha boa "paparota". A pesares da cantidade de nenos/as, de que tiñamos que coordinarnos coas aulas dos outros niveis todo saíu perfecto, climatoloxía engadida.


Agora despídome de vos agradecendovos a todos por seguirnos, por animarnos e por estar aí. Pedimos disculpas pola falla de continuidade pero , ainda que a alguén lle poida parecer que non, manter un blog é un traballo moi grande. O que vai acontecer o vindeiro curso non se sabe , pois como ben sabedes auméntanos o horario lectivo , o que supón que eses momentos que tiñamos para preparar ou elaborar diferentes cousas que non son dar clase pero que tamén redundan na calidade do ensino dos vosos fillos, poidan desaparecer. Faremos todo posible porque non sexa así pero ...
Nesta ligazón tedes todas as fotos do derradeiro día.
PERDOADE O RETRASO NA PUBLICACION DESTE  POST

lunes, 4 de julio de 2011

O caminho de Viseu

Os nenos e nenas da clase das xirafas despídense deste curso cunha danza na que nos amosan do que son capaces de facer e a súa gran responsabilidade á hora de facer ben as cousas.

sábado, 2 de julio de 2011

Saída ao Monticaño

Ademais de "traballar arreo para seren homes e mullers de proveito o día de mañán" tamén saimos. Como despedida de curso e viaxe de fin de carreira fomos ata o parque do Monticaño. Tiñamos moito medo pois o tempo en xuño foi moi variado e podía haber  maís humidade da desexada. Pero levámoslle ovos a Santa Clara e lucío o sol. Alí tod@s disfrutaron moitisimo.
Aquí podedes descargar todas as fotos.