miércoles, 27 de abril de 2011

Que envexa!


Se no derradeiro post víamos aos esquíos o moito que traballaban, neste imos ver a outra parte da moeda. Como dicía alguén: "non todo vai ser futbol"  nin tampouco todo traballar , tamén hai que divertirse e xantar  e que mmelor maneira de facelo que xuntando as duas cousas: comer e divertirse. Esto foi o que fixeron os esquíos. Coa axuda da súa mestra , Lidia, prepararon unhas tortas que , ademais de estar moi boas, eran "expresivas" ben de ledicía , ben de tristura. Non me digades que non é unha idea orixinal e simpática. Por si houbese alguén que puidese escapar á tentación , só con mirar caras e eses sorrisos , xa daban gañas de comelas

domingo, 17 de abril de 2011

Os esquíos traballan no invernadoiro

Os nenos e nenas da clase dos esquíos son moi traballadores , pero non pensedes que só dentro da clase, tamén o fan fora. Así , todas as semanas, xunto cos rapaciños/as das outras aulas, adícanse a cultivar o invernadoiro que temos no colexio. Algúns dos productos que puxeron foron leitugas e fresas. Houbo tamén quen lle tocou regar, mentre outros/as miraban. Podedes ver e descargar maís fotos aquí

miércoles, 13 de abril de 2011

Visitamos a Bilioteca do concello


Dende a biblioteca do concello invitáronnos a visitar para coñecer o seu funcionamento e , para animarnos, fixeron  sesións de "Animación á lectura". Nela contáronnos, entroutras,  unha historia de piratas. Nos seus comezos houbo algunha que outra bágoa, ademais de medo ,pois o pirata Calabrote entrou con moito barullo pero , logo, aparaeceron as risas.


Outro dos contos foi "Cando Martiño tivo gañas de facer pis na noite de Reis" que , apesares de estar un pouco fora de momento, fíxolles moita gracia.
Coma sempre , podedes ver máis fotos nesta ligazón

viernes, 8 de abril de 2011

O xogo da carrasquiña

Pertence o disco NA PUNTA DO PÉ. É unha danza sinxela, recollida na parroquia de Rubiós. Nos fixemos algunha variación para facela máis doada.. Pola súa estrutura é unha peza idónea para inciarse no baile e traballar conceptos de natureza psicomotriz e musical. Traballan disstintos ritmos, e distintas partes dunha peza musical, facendo movementos distintos seún sexa a música ou a letra

viernes, 1 de abril de 2011

Os cangrexos fan pizzas

A que  non coñeciades ningún cangrexo que fora capaz de facer pizzas?, pois agora xa os coñecedes. Os nenos/as da aula dos cangrexo foron a visitar unha cociña industrial e alí tiveron a gran sorte de ver, e facer, como se ela boraba unha pizza. A experiencia foi apaixoante pois comezouse pola masa (era como manexar unha plastilina moi blanda) e seguiron polo recheo con cousas cada vez máis ricas. Para "desgraza nosa" só as familias destes alumnos/as foron as afortunadas en probar as pizzas, pero tal e como se observa nas fotos , o resultado tivo que ser exquisito