jueves, 30 de junio de 2011

O Invernadoiro

Rematou o curso e para despedirnos , imosvos deixar algúnhas fotos maís. Hoxe temos varias relacionadas co invernadoiro , así como a festa que fixemos para probar os diferentes produtos que alí prantamaos. No primiero grupo temos unha visión dalgúns dos diferentes alimentos alí prantados. Outras fotos  aquí

No seguinte pack vemos a clase dos vermes e as xirafas que nos ensinan algunhas partes do invernadoiro , así como tamén cando fixeron o menú-degustación (nos non imos ser menos que o bulli). Todas as fotos da actividade aquí


E para rematar temos aos esquíos e ás xoaniñas que tamén nos amosan o rico xantar que se fixeron cos
produtos 100% ecolóxicos. Todas as fotos aquí
Nos vindeiros días ireivos poñendo algunhas fotos máis e un precioso vídeo.

lunes, 20 de junio de 2011

MÁIS COUSIÑAS SOBRE O LIPDUB

Grazas , grazas a tod@s polo recibimento e polas felicitacións.
Os gurús de Hollywood andan a busca da formula do éxito do Lipdub de Educación Infantil do Ponte dos Brozos. Pero sentimos comunicarlles que non hai nada especial , tan só moita, moita ilusión e traballo.
Pero para que non se diga que non colaboramos  imos amosarlle aos estudios cinematográficos americanos e a Academia do cine español o non se ve na rodaxe.
Todo esto está no blog do Lipdub do CEIP Ponte dos Brozos que tan ben levan as nosas compañeiras Silvia e Inés (almas mater da experiencia) pero por si xa non cambiades de enderezo deixovos aqui os vídeos de como se fixo e un vídeomontaxe coas instantaneas do proceso.

MAKIN OFF



MONTAXE FOTOGRÁFICO



Aproveito este espazo para comentar que este lipdub foi posible este curso. Coas condicións que parecen vir para os vindeiros cursos , non sería posible. Esas 4 horas que non adicamos a impartir clase , adícamolas a preparar , organizar , coordenar, elaborar unha serie de actividades ou experiencias que tamén repercuten directamente no ensino e no alumnado. Cando, se non,  poderiamos preparar e organizar todo esto ,no caso de ter as 25 horas lectivas.
Perdoade este momento mitín pero é que hai cousas que que a un lle quentan o corpo.

domingo, 12 de junio de 2011

ESTREA MUNDIAL

Xa sei que vos temos moi esquecidos e que publicamos pouco pero para compensarvos imosvos poñer un dos vídeos máis esperados da tempada. Non , non é a 5ª parte de Indiana Jones , nin a 4ª de Spiderman é algo moito, moito máis grande ...  con vostedes o  LIPDUB de Educación Infantil. A calidade non é a que quixeramos pero non podiamos poñela moito mellor sen aumentar o peso (intentaremos atopar unha solución). Como vedes nel a implicación de todo o profesorado de Infantil e total pero , non chegando con eso, houbo aportacións e "cameos" de maís profesorado e persoal do colexio. Pero  esto non sería posible sen un par de tolas que son : Silvia e Inés.