miércoles, 30 de marzo de 2011

Contacontos Editorial


Traiovos hoxe un post adicado a unha visita que tivemos xa fai un tempo. Dende a Editorial Edelvives ofertáronnos un contacontos para as aulas que traballababan cos seus libros. Como ofertas destas non hai moitas , aceptámola e viñeron polo cole.Neste contacontos , non participaron os nenos/as das aulas da serpe e as xoaniñas. Ainda que na historia se falaba de monstros, houbo de todo un pouco pero o que máis foron  risas.

martes, 8 de marzo de 2011


Nun post anterior falamos da visita de Veloz , unha tartaruga, á clase das xoaniñas.Hoxe imos falar da súa estancia na clase dos esquíos que é realmente de onde veu pois dita tartaruga pertence a profe Lidia. Aquí tamén causou sensación ,e por suposto, algo de medo. Máis fotos do "acontecemento"
Aproveito para comentar que fai algún tempo conteivos da "construcción" dun fermosos e gran boneco de neve nesta clase, pois ben ,temos algunhas fotos máis da "aventura" que foron engadidas ao album inicial (picade aquí para lembralo). Van tamén doutro boneco que ambientou o interior do colexio durante algúns días.

viernes, 4 de marzo de 2011

POR FIN CHEGOU O DÍA 4

Logo de moito esforzo e horas de traballo chegou o día. O venres 4 saíu o pasarrúas por Arteixo adiante (mellor dito pola Avda. Arsenio Iglesias adiante). Como en todos os acontecementos houbo tensións, carreiras, despistes, nerviosismo e algunha bágoa pero sobre todo moitos, moitos sorrisos e moita cor (parecían modelos da  mesmisima Agatha Ruiz de la Prada) .

Os granxeiros/as século XXI pasearon o seu saleiro pola avenida. Para algúns igual lles soubo a pouco (os pais/nais) pero para outros/as parecíu unha "eternidade" (profes). En fin, que espero que vos gustase moito. Agora deixo unha foto de cada unha das clases e unha ligazón a máis fotos desa clase para que poidades  ver con máis precisisón toda a a beleza dos/as modelos e do disfraz.
As ligazóns son:

miércoles, 2 de marzo de 2011

PARA O XOVES O MECO DI

Para o Xoves o Meco di que:

 Ademais sobre o pasarrúas do día 4 xa vos podemos dar máis detalles:


  • Levará unha orde decrecente de 6º Ed. Primaria ata 4º de Ed. Infantil coa seguinte programación:
    • 11:55 h. sairán as aulas de 4º, 5º e 6º Ed. Primaria  polo portalón de 3º ciclo.
    • 12 h. sairán as aulas de 1º, 2º e 3º Ed. Primaria  polo portalón do Pavillón I.
    • 12:05 sairán as aulas de 5º e 6º de Educación Infantil polo portalón de 5º de Ed. Infantil. 
O seu percorrido será baixar pola Avda . Arsenio Iglesias ata a piscina , logo cruzar ao paseo fluvial seguindo ata o comezo da rúa peonil pola que  subirán para cruzar a estrada xeral e voltar ao colexio.

    • 12:15 h. (aprox.) sairán as aulas de 4º de Educación Infantil (percorrido pequeno pola Avda, Arsenio Iglesias ) polo portalón de 4º de Ed. Infantil.
 A roupa que deberán traer os nenos/as o Venres é a seguinte:

 
 

martes, 1 de marzo de 2011

O MECO DI:

Perdoade o retraso,  e ainda que xa non serva, cóntovos o que dixo o Meco para hoxe Martes.
E para que vaiades preparándovos para mañán Mércores deixovos as instruccións .