sábado, 26 de febrero de 2011

ENTRAMOS NO ANTROIDO

O Antroido xa está aí e para ir quentando motores que mellor maneira que ambientar o colexio.O meco vainos ir dicindo cada día de que maneira "debemos" ir cada día . Comentámosvos tamén que o Venres,día 4, e se o tempo acompaña, faremos un pasarrúas pola vila. Máis información nos vindeiros días.

O LUNS 28

viernes, 25 de febrero de 2011

Unha tartaruga chamada Veloz

Dende a clase dos esquíos veu visitarnos “Veloz” unha tartaruga de auga.
 Causounos moita expectación. Que grande é! Vimos e tocamos o seu caparazón. É moi duro, tanto por riba coma por abaixo.
Aprendimos que esta parte chámase plastrón ou peto. A algúns custoulles tocala, pero ao fin, con axuda, si o fixeron.
Observamos  a súa boca en forma de pico, as súas catro patas con grandes uñas, e tamén o rabo que esconde con moita rapidez.
Ao final Veloz xa estaba un pouco cansa e fomos devolvela á clase dos esquíos.
Algunhas fotos máis , aquí.


miércoles, 16 de febrero de 2011

AS XIRAFAS COÑECEN A FRIDA KHALO


Os nenos/as de Ei4ºC estiveron estes días pasados coñecendo algunhas cousas sobre a famosa pintora mexicana Frida Khalo.
Ademais tiveron a oportunidae de facer "modificar plasticamente"  un cadro seu.
Coma sempre , se queredes ver máis fotos, picade aquí
Tamén, e con idea de complementar o post anterior, poño a ligazón ás  fotos dalgunha das actividades feitas nesta aula para a celebración do día da paz. Hai traballos de plástica e un vídeo de preparación da canción que logo cantaron cos compañeiros/as. As fotos aquí

jueves, 10 de febrero de 2011

Na clase dos esquíos hai un boneco de neve

Como non podía ser doutra maneira a chegada do Inverno ten que notarse non só nas fortes xiadas que hai senon tamén dentro das aulas. Así na aula dos esquíos fixeron un enorme boneco de neve pero como o material ( a neve) é un "ben escaso" por esta zona fixérono con boliñas e anacos de papel de seda. O traballo goi moi intenso pero o resultado final moi vistoso. Ainda que non hai fotos de todos traballando, na súa elaboración participou a totalidade da clase.
Picando aquí podedes ver máis fotos