sábado, 29 de enero de 2011

Onte celebramos o Día da Paz

Onte , venres, celebrabamos o día da paz e , ainda que o tempo non acompañou, fixemos os actos previstos que consistiros en sair ao patio (tivo que ser na parte cuberta) e alí , un chisco apretados, fixemos varias rodas concéntricas e cantamos unha canción moi bonita. Logo un grupo de nenos e nenas que levaban uns globos brancos enganchados , soltáronnos.
Esta foi a celebración central ou principal pero logo en cada aula elaborouse un obsecto que simbolizase esa paz que todos/as procuramos (viseiras, colgantes, ...).
Este é o vídeo que espero vos guste.

lunes, 10 de enero de 2011

NOVO VÍDEO DAS XOANIÑAS

Este éo derradeiro post co material de antes das vacacións. A partires de agora será sempre actual. O que vos deixo hoxe é o terceiro vídeo dos nenos/as de EI4ºE que coa  profe Marifé fan unha danza e cantan unha pequena canción.

sábado, 8 de enero de 2011

AS XOANIÑAS EN VÍDEO


Antes de nada perdoade o retraso na publicación dos post, pero por diferentes motivos particulares , funme despistando. Mañán poñereivos outro vídeo máis
Dende  EI4ºE nos pasaron tres pequenos videos onde podedes ver o potencial que hai nestes corpiños. Verdadeiros artistas do baile e da expresión corporal. Tamén os podedes ver nunha actividade diaria por currunchos.Hoxe deixovos só dous para non sobrecargar a páxina , pero antes da volta ás clases poñereivos o terceiro.

martes, 4 de enero de 2011

OS VERMES E AS XIRAFAS TAMÉN FAN VÍDEOS

As profes Loreto  e Angeles mandáronnos estoutro vídeo dos nenos/as da súa clase para que os vexades que tamén saben cantar e bailar cancións.