sábado, 29 de enero de 2011

Onte celebramos o Día da Paz

Onte , venres, celebrabamos o día da paz e , ainda que o tempo non acompañou, fixemos os actos previstos que consistiros en sair ao patio (tivo que ser na parte cuberta) e alí , un chisco apretados, fixemos varias rodas concéntricas e cantamos unha canción moi bonita. Logo un grupo de nenos e nenas que levaban uns globos brancos enganchados , soltáronnos.
Esta foi a celebración central ou principal pero logo en cada aula elaborouse un obsecto que simbolizase esa paz que todos/as procuramos (viseiras, colgantes, ...).
Este é o vídeo que espero vos guste.

5 comentarios:

  1. Agora entendo eso que viña cantando a miña filla de: "máis guerras no, máis (ollos) no"

    ResponderEliminar
  2. ¡Qué boa organización! Noraboa a todos os mestres/as, pois mantelos tan organizados con varias clases xuntas ten que ser moi difícil.

    Vese que o pasaron moi ben pero o de soltar os globos...coido que non lles fixo moita gracia. De seguro que os querían para eles.
    Un saudiño e a seguir así.

    ResponderEliminar
  3. "Máis ollos" encántame, vese que os peques lle botan a imaxinación que faga falta, o caso é que sone igual, non?
    Mary o dos globos non te creas que lle dou moita pena, os meus polos menos xa teñen pensado para o ano facer outra solta, jeje

    ResponderEliminar
  4. Unha celebración preciosa!. Aínda que se resistiran un poquiño a soltar os globos,je,je Felicidades os nenos e nenas e os profes.
    María ( Mamá de Nuria, clase dos cangrexos)

    ResponderEliminar
  5. Da gusto velos a todos xuntos e tan ben coordinados; a pena foi que non fixera mellor tempo para velos con maior claridade. Moitas felicidades.

    ResponderEliminar