martes, 8 de marzo de 2011


Nun post anterior falamos da visita de Veloz , unha tartaruga, á clase das xoaniñas.Hoxe imos falar da súa estancia na clase dos esquíos que é realmente de onde veu pois dita tartaruga pertence a profe Lidia. Aquí tamén causou sensación ,e por suposto, algo de medo. Máis fotos do "acontecemento"
Aproveito para comentar que fai algún tempo conteivos da "construcción" dun fermosos e gran boneco de neve nesta clase, pois ben ,temos algunhas fotos máis da "aventura" que foron engadidas ao album inicial (picade aquí para lembralo). Van tamén doutro boneco que ambientou o interior do colexio durante algúns días.

1 comentario:

  1. Non me extraña que teñan medo,vai bicho máis grande que é Veloz.Moi simpática a foto onde se soben á mesa.

    ResponderEliminar