jueves, 29 de septiembre de 2011

Chegou o Outono!

Ca chegada do Outono comezamos a traballar as características, froitos, paisaxes,festas...típicos desta estación. Pouco a pouco poderedes ver as cousiñas que imos aprendendo e facendo na escola e atoparedes recursos para traballar esta fermosa estación.

CANCIÓN OUTONO:



PRESENTACIÓN DE FROITOS TÍPICOS DA ESTACIÓN:

O RETRATO DE ARCIMBOLDO:
Arcimboldo, maravilloso e orixinal é este xenio do Renacemento,nas súas obras sorpre pola súa extravagante maneira de compoñer retratos mediante a agrupación de diversos elementos da natureza máis dispar. Neste caso con elementos propios do Outono.
Idea para traballar na aula: poñer a foto de cada neno e nena nun folio ou cartolina, traballar distintos elementos e froitos da estación, pintalos, picalos e pegalos arredor da súa cabeza na fotografía simulando a obra de Arcimboldo.
Idea para traballar na casa: facer unha excursión á contorna e observar os cambios que produciu a chegada do Outono, degustar froitos típicos desta estación e realizar un autoretarato na casa poñendo arredor debuxos do aprendido sobre a estación.

3 comentarios:

  1. Ola!!!! Levo úns días intentando comentar pero non me deixa, nin ver o último post.... noraboa pola continuación do blog! Sorte neste curso para todos, nenos/as e maiores; Agardo que poidamos compartir recursos que polo que vexo estamos todos co outono a contas, jaja.
    Bicos da profe pingüina do curso pasado!!
    Silvia

    ResponderEliminar
  2. Pois por aqui estamos co Blogue e co Outono a voltas a ver se poñemos isto un pouco ó día, nós encantados de compartir recursos, ideas, comentarios...
    Unha Aperta
    Ana

    ResponderEliminar
  3. Muchas gracias a las dos por compartir todos vuestros recursos, que son muchos, con nosotros!!!!

    ResponderEliminar