viernes, 1 de abril de 2011

Os cangrexos fan pizzas

A que  non coñeciades ningún cangrexo que fora capaz de facer pizzas?, pois agora xa os coñecedes. Os nenos/as da aula dos cangrexo foron a visitar unha cociña industrial e alí tiveron a gran sorte de ver, e facer, como se ela boraba unha pizza. A experiencia foi apaixoante pois comezouse pola masa (era como manexar unha plastilina moi blanda) e seguiron polo recheo con cousas cada vez máis ricas. Para "desgraza nosa" só as familias destes alumnos/as foron as afortunadas en probar as pizzas, pero tal e como se observa nas fotos , o resultado tivo que ser exquisito

1 comentario:

  1. !Qué cociñeiros máis dispostos! con estas gañas que poñen, sí que tiñan que estar moi, pero que moi ricas esas pizzas.
    ¡Qué sorte os que as puideron probar! (eu non sei se me aguantaría sen pedirlles unha aos cociñeiros).

    Un saudiño.

    ResponderEliminar