miércoles, 27 de abril de 2011

Que envexa!


Se no derradeiro post víamos aos esquíos o moito que traballaban, neste imos ver a outra parte da moeda. Como dicía alguén: "non todo vai ser futbol"  nin tampouco todo traballar , tamén hai que divertirse e xantar  e que mmelor maneira de facelo que xuntando as duas cousas: comer e divertirse. Esto foi o que fixeron os esquíos. Coa axuda da súa mestra , Lidia, prepararon unhas tortas que , ademais de estar moi boas, eran "expresivas" ben de ledicía , ben de tristura. Non me digades que non é unha idea orixinal e simpática. Por si houbese alguén que puidese escapar á tentación , só con mirar caras e eses sorrisos , xa daban gañas de comelas

No hay comentarios:

Publicar un comentario