domingo, 29 de mayo de 2011

ORGANIZACIÓN LIPDUB

O martes 31 é o gran día. Esa é a data na que imos facer a gravación do Lipdub. Levamos varios días cos preparativos, así como varios ensaios nos que os nenos/as van familiarizándose coa camara e cos movementos.
Para o martes precisamos da vosa axuda , xa que , ao igual que no venres de antroido, os nenos/as teñen que vir cunha indumentaria determinada. Son cousas sinxelas que, esperamos, non vos compliquen moito. Se non tedes  a indumentaria que se pide non a merquedes, mandádeos coa  que teñades máis parecida.
Grazas pola colaboración.

1 comentario:

  1. Nós xa temos a camiseta laranxa preparada. Mañán é o gran día!!!. Sorte na grabación.
    María ( mamá de Nuria, clase dos cangrexos).

    ResponderEliminar