viernes, 10 de diciembre de 2010

ALGÚNS PASOS DOS CANGREXOS

Hoxe ímosvos ensinar imaxes de experiencias feitas na clase dos cangrexos. Así neste primeiro grupo irían algunhas fotos das rutinas diarias. Por si alguén non sabe en que consisten as rutinas direivos que sonunha serie de actividades que se fan todos os días e que serven para iniciar as clases. Aquí poderiamos incluir: quitar os abrigos,poñer os mandilóns, dicir o día que é, comentar o tempo que vai fora, a estación na que estamos, os que están e os que faltan ao colexio  e o axudante ou encargado. Dentro destas rutinas poderían diferentes conversas ao redor do feito o día anterior ou sobre o tema que se está a traballar. A maior parte das rutinas fanse en asamblea. Non se fan en todas aulas pero si nunha maioría,habendo despois pequenos cambios matices con cada mestra/e. Picando aquí tedes  algunhas fotos máis.
Máis abaixo podedes ver como comezamos a facer as tarxetiñas de Nadal que van a estar expostas en diferentes comercios de Arteixo. Cada mesa tiña que pintar unhas campás do color que ten o grupo que se senta nesa mesa. Logo foronse poñendo diferentes adornos que remataron nunhas tarxetas preciosas e que podedes ver, e acadar, nos seguintes comercios :
  • EI4ºA  en Silvia Cupeiro
  • EI4ºB en Decoraciones A Castro
  • EI4ºC en nas  Perruquerías Yolanda e Ah
  • EI4ºD en Maneux
  • EI4ºE en Librería Mina
  • EI4ºF en Soños
(picade aquí para ver máis fotos)

Dentro do grupo de fotos para descargar, hainas tamén merendando.

1 comentario:

  1. Hola!!!. Somos María y Tino, los papás de Nuria ( clase de los cangrejos). Felicidades a las profesoras y a José Carlos por este blog tan bonito!!!

    ResponderEliminar