sábado, 18 de diciembre de 2010

AS XOANIÑAS TAMÉN TRABALLARON MOITO

 
Hoxe tócalles aos nenos/as  da clase das xoaniñas que non queren ser menos cos dos cangrexos e vannos amosar algús dos traballosque fixeron e das moitas cousas  que aprenderon.Así puideron experimentar con algo típico do Outono coma son os froitos secos. Investigaron sobre a súa textura , viron a súa cor e forma ,así coma tamén como era a súa casca. Outro día observaron e tocaron as follas do castiñeiro, viron os ourizos e adicáronse a esnaquizar unhas poucas follas. Para ver máis fotos pica aquí.
Coma bos galegos/as tamén houbo tempo para festas e celebraron a do Samaín, nela ademais de adornar "misteriosamente" a clase tamén puideron ver unha exposición terrorifica de cabazas cunhas bocas e uns ollos de daban "moito medo" ( ou moita risa , depende para quen). Xuntos cos compañeiros/as das demais aulas aprenderon unha canción que parecía asustar pero que lles gustaba moito( e da que vos falei noutro post anterior). Deixovos o video da canción por si queredes lembrala con eles/elas. Máis fotos do Samaín picando aquí

Ao igual que fixeron as xirafas , nesta clase tamén xogaron coa pintura. Así estiveron pintando con diferentes obsectos.

Un día ,e dentro das actividades do Samaín, cunha esponxa pintaron unhas fermosas cabazas, outro día foi unha moi apetecible pera , pero desta volta usaron o pincel. Pero por suposto , como bos alumnos/as de Infantil , tamén pintaron co dedo.
 Algo que non a todos/as entusiasma pero si a súa inmensa maioría.As cores usadas foron moi variadas ,aproveitando a presentación delas. Aquí,xunto con máis fotos das actividades coa pintura, podedes descargar unha foto individual no seu primeiro día de uso do pincel.
Para o final deixovos o maís reciente que foi a elaboración dunhas fermosisimas tarxetas de nadal. Como vedes son moi completas pois nelas hai traballo de pintado con esponxa, pintado co dedo, picado e pegado de gomets ou papel . O resultado é excelente tendo en conta o tempo que levamos de clases ( ainda que poida que algún ainda non teña claro que se pica pola raia e non por calquer parte do debuxo)

1 comentario:

  1. ¡ Qué trabajadoras están estas Xoaniñas!, muy bonitos trabajos sigán así.

    ResponderEliminar