martes, 21 de diciembre de 2010

RICO, RICO, RICO

 Antes comezar a contarvos as derradeiras novas quero agradecercer os comentarios aparecidos ata ode agora. Os comentarios non son brigatorios nin imprescindibles pero como xa escribin algunha vez, agradécense moito pois sintes que non estás falando só , que hai alguén ao outro lado da pantalla.Grazas

Faleivos moi pouco tamén da clase dos vermes.Nela , coma no resto,fanse moitas cousas pero a que vos vou contar hoxe é máis especial. Non todos os días cociñamos na aula. Cando alguén ten 23-24 nenos de 3 anos na aula, esta é unha actividade que só se fai si un /nha ten moita paciencia ou está un pouco tolo/a. 














Desta volta, e por coincidencias de horario, a profe Angeles contou coa axuda de Marifé e  José Carlos. o que aliviou a posible tolemia Desta volta  o que íamos facerera  galletas con noces.
O primeiro de todo foi prepararse para tan magno evento lavando as mans. A hixiene é moi importante en calquer actividade pero maís nunha de alimentación.Todos/as pasaron polo baño.
Logo a profe preparou bolsiñas individuais que contiñan 4-5 galletas María que con diferentes utensilios da aula , os nenos/as tiñan que machacar. Non era tan doado pois había que golpear pero non foi forte ,pois podía rachar a bolsa.
Unha vez feita a fariña de galleta, tocaba "moer" as noces. Estas  custou un pouco máis esnaquizalas.
En 4 "boles" de plástico fomos metendo as galletas e as noces que foron remesendo por quendas. Acontinuación botámoslle un bote de leite condensado, agás nun bol pequechiño que ía ser para Aarón ( ten alerxia áproteina do leite) no que levou mel. Voltamos a remeser todos outro pouco.
Unha vez feita a"masa" tocaba ir facendo as boliñas. Cada un/nha as súas. Para que non se pegaran , rebozáronas en azucre moido.









O resultado foi moi ,moi rico. Non sería o millor alimento para diabéticos pero estaban boisimas.
Máis fotos desta experiencia , aquí.

4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. "Os comentarios non son brigatorios nin imprescindibles pero como xa escribin algunha vez, agradécense moito pois sintes que non estás falando só , que hai alguén ao outro lado da pantalla.Grazas"
    Non tendes por que darnos as grazas, máis ben todo o contrario.GRAZAS a vos pola labor desinteresada que levades a cabo con este blog.
    Creeme cando digo que moita xente vos segue, ainda que non fagamos comentarios.
    Mira que tendes paciencia para poñervos a facer galletas con tando crio xunto.
    Un saudo.
    PD: O comentario de antes foi eliminado por que lle dei a publicar sen estar completo. Perdón.

    ResponderEliminar
  3. Pues mucha paciencia hay que tenér... Me imagino que les habrán quedado muyyy rican... LOS FELICITOOO GUSANOS!!!!

    ResponderEliminar
  4. Eu tiven o privilexio de provalas: mmmmmmmmmmmmm que ricas!!!!
    Con respecto ao comentarios sobre "os comentario" e verdade que é bo que alguen escriba, porque che da ánimos para seguir e sabes que te están lendo.
    A seguir así compis do Ponte dos Brozos!!
    Bicos para todos e bo nadal!

    ResponderEliminar