domingo, 5 de diciembre de 2010

FOTOS DAS XIRAFAS

Dentro do intento de recuperar as actividades feitas ata o de agora deixovos hoxe diferentes cousiñas que fixeron na clase das xirafas.

Así nestas primeiras fotos podemos como traballaron o recoñecemento das cores azul e amarela. Coa cor azul pintaron unhas nubes preciosas. Por certo querémosvos comentar que este é o primiero ano que estamos a usar uns pinceis máis grosos dos habituais (con respecto a outros anos), sendo un acerto a súa elección pois permiten agarralos mellor , ademais de cubrir moito máis coa pintura.Tampouco soltan o pelo nin se desfán.
Coa cor amarela pintaron uns pitiños que parecían querer botarse a correr ou comezar a piar en calquer momento. Se pintades na casa con eles/as(co pincel) lembrade comentarlles que collan ben o pincel(este consello vale tamén si collen unha pintura) ,que o collan na parte baixa, (coma un lapis) que mollen pouco na pintura e que si leva nmoita pintura escurran o pincel para que non solte pingas. Pequenos consellos que base de dicirllo permitan  pintar mellor. Picando aquí podedes decargar máis fotos desta actividade.

Outra experiencia que fixeron foi a elaboración de colares con ensartables de cartón. Había diferentes formas e tamaños. A elección era libre, para máis adiante establecer series o códigos que restrinxan o uso de determinados elementos. Por si non eran dabondo guapos/as con estes complementos están preciosos/as.
Se picades aqui podedes descargar algunhas fotos máis.

 








Cando o tempo o permite (que nos derradeiros días é poucas veces) tamén saen fora para observar o que nos rodea. Nesta ocasión fixérono na compañía da clase dosvermes e  foi co obsectivo de ver que cambios se producen na natureza coa chegada do outono. A variedade de árbores non permite extraer moitas observacións pero si as máis básicas como son a caída e cambio de cor das follas .Máis fotos nesta ligazón.
Se queredes ver outras fotos atrasadas da clase das xirafas, picade aquí. Estas fotos son individuais e de diferentes momentos do día , así como de diferentes días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario