martes, 28 de diciembre de 2010

FESTA DE NADAL

Ademais de ir v er aos Reis Magos , tamén celebramos unha festa de fin de ano (con antelación). Parecía un botellón pois había moita xente nova e tiñan moitas gañas de festa. O que non había era alcohol e si moitas lambetadas. Tamén había unha "mesa especial" para nenos/as con problemas alimentarios (alerxias) pois ainda que son moi responsables non era cuestión de tentar a sorte.



 O que non acompañou foi o tempo climatolóxico pois chovíu dende as nove trinta ata as catorce trinta. Non parou en toda a mañán. Visto esto houbo que procurar un espazo no que puidesemos estar todos/as e no que puidesemos poñer a morea de cousas ricas que trouxeran os cativiños/as. Decidíuse que fora o corredor de  EI4ºE,B e F. Así poderian aproveitar a sala de vídeo e ,cun pouco de música , bailar tamén. As fotos son de todas as clases xuntas e revoltas.

Dende aquí podedes ver maís e descargalas

3 comentarios:

  1. Xa me parecia a min que cando chegou a casa non traía nengunha fame,

    ResponderEliminar
  2. Cómo non imos a estar mantidos con todas estas festas e con todo o que se come)). O raro sería non estalo. Aos Reis, ainda lles queda toda a comida que lles van a deixar os nenos preparada a noite de Reis, polo tanto...coido que vai ser ben, que deixen as dietas para cando remate.

    Moitos ánimos para seguir tendo a paciencia que tedes e, para seguir facendo este traballiño tan chuli.

    Un saudiño e Feliz Ano.

    ResponderEliminar
  3. Con razón fue imposible que comieran.... Me alegro que hayan disfrutado, lástima que el clima no acompañó.

    ResponderEliminar