jueves, 2 de diciembre de 2010

O SAMAÍN

O SAMAÍN
Como vos comentaramos, tiñamos algúnhas fotos de actividades que fixemos antes da publicación do blog. Una delas foi a celebración do Samain. Esa famosa festa de orixe celta que cada vez está máis extendida por Galicia.
A cabaza do conto de Cincenta estivo na clase dos esquíos
Nas diferentes clases   adicáronse a facer moitas cousiñas para decorar a clase , así como para levar para casa ou poñerse eles/as moi guapos/as. Tamén aprenderon cancións (miraremos a posibilidade de subir unha delas que lles gustaba moito).
Houbo exposicións de cabazas de diferentes tamaños ainda que houbo unha que destacou en especial eque estivo "gardada" na clase dos esquíos. Parecía a cabaza do con de Cincenta e que , en calquer momento, se convertiría en carroza.
Hoxe deixovos algunhas fotos da clase das xirafas e da dos esquíos ( neste caso van mesturadas coas do tema do Outono -froitos-). Se queredes ver máis fotos sobre o Samain ou sobre cabazas e froitos do outono (ou descargalas) picade a continuación naligazón correspondente Outono na clase dos esquíos  Fotos Samain das xirafas
As xirafas fixeron pegando algodón, un gran cartel coa palabra Samaín

No hay comentarios:

Publicar un comentario