lunes, 27 de diciembre de 2010

CHEGARON OS REIS

Pois si , xa chegaron os Reis ao cole e todos os neos/as estaban expectantes. Mirándolles o corpo tan ben mantido que tiñan , non parecía que eso da crise vaia con eles.Dado o tamaño do colexio e a cantidade de alumnado que ten houbo que organizar todo moi ben.

Así sobre as 10.45 comezaron a baixar os de 5 anos , media hora máis tarde fixérono os de 4 para sobre as 11.45 facelo os de 3. Despois do recreo virían 1º e 2º de E. Primaria. En total sobre 575 nenos/as. Esa mañán os Reis gañáronse o seu soldo ben gañado (aproveito para darlle-las grazas a Rosa, Xabi e Antonio uns montros reais no bo sentido da palabra).

A reacción ante a visión daqueles orondos monarcas foi moi variada , dende o/a que non quería marcharse , ata o/a que non quería quedarse (que tamén houbo). En xeral todos/as moi ledos e cuns ollos moi abertos.


Entregaron cartas , fixéronse fotos e marcharon esperando ver cumpridos parte dos seus sonos ( ten que ser parte ,porque si hai que cumprir todo o sono dalgúns  farían falla moitos máis reis).


Neste post só vos deixo un par de fotiños do evento pero como supoño que queredes ver moitas  maís , agora póñovos ligazóns á visita de cada aula.






    No hay comentarios:

    Publicar un comentario